Solpor

Déixovos este solpor na Ría de Arousa con dúas das modelos de Planeta Tres Zetas…
Á esquerda, Xiana con brincos de prata e esmalte; á dereita, Inés con colar trenzado de algodón orgánico e turquesa. Na foto central, as dúas levan brincos de prata e esmalte e Inés colar de pedras da lúa.

Pezas singulares en novísimas mulleres cheas de talento, beleza e saber facer. Foi un pracer. Grazas Xiana Meda López e Inés Torres Eirabella.

Laxeiro vs Lala

Laxeiro coñeceu a Eulalia de Prada, Lala, en Bos Aires no ano 1952. Lala significou a estabilidade emocional e afectiva do pintor, pero tamén a reorientación da súa carreira artística.
A ela, musa e compañeira durante máis de 30 anos, dedicoulle este retrato.

De reparar moito nel, de prender a atención na floriña do cabelo que nos indica a súa coquetería, ensarilláronse varias pulseiras das que adiantamos hoxe estas dúas, con flor de aventurina e ágatas de cores.