Arquivo da categoría: brincos primavera-verán 2013

4 brincos e un poema incompleto

4 brincos en esmalte cloissoné

e un poema incompleto….

Que lle esixe logo ao poema?
Un fulgor que non se fabrique con pirotecnia,
un brillo que non semelle de folla de lata,
un esforzo que se nutra da necesidade.

E a si mesmo?
Esíxome a min mesmo non caer na fraude,
non profetizo patrias, non vendo lirismo,
tan só procuro albiscar o leite baixo a tona.

Máis nada?
Parécelle pouco?

Fragmento do poema O leite baixo a tona, de Carlos Negro, recollido no libro Cultivos transxénicos (2008), libro que moito nos presta.