Arquivo da categoría: Outono2016

Colar Praha

colar-praha

Novembro preséntase con novidades que queremos compartir.
Hai máis ou menos un mes que o deseñador Jorge Mendez Galiñanes nos propuxo deseñar unha colección en exclusiva para Ladies of the wall by J. Galiñanes , o seu espazo de moda e arte en Vilagarcía 😍
Que un deseñador que traballou con Antonio Pernas, recoñecido co premio á Mellor Traxectoria Profesional, director creativo de Toypes durante unha década, creador da súa propia marca, habitual das pasarelas internacionais, nos escolla para deseñar unha colección en exclusiva é un agasallo marabilloso.
Como deseñador xa sabía da súa valía, pero o que me ten admirada é o ser humano que vou coñecendo.
Mil grazas pola túa confianza Jorge.
(Colar Praha: Bronce, ónix, xade mateado, hematite)