Arquivo da categoría: De todo un pouco

Trece


A pesar de que o mundo se revire aquí estamos…
dispostas a converter o desastre en aprendizaxe,
o lamento en lamber lento
para que sanden as feridas,
mulleres cheas de forza
que soben aos outeiros
para ver o sol
que seguirá saíndo cada día.

Agasallo singular


Fáltache algún agasallo por comprar? Uns brincos de prata, un colar diferente ou unha pulseira orixinal?
Se o que buscas é unha peza única ou singular, visita en Lalín (Zapatería Capri), en Pontevedra (A formiga no carreiro ) ou Vilagarcía (Peluquería Araceli Silva ).
Quizais o agasallo que estás buscando te atope alí.

Agasallo


Un amigo fíxonos unha encomenda para agasallar este nadal. Tiña que ser un colar que levase ónix, porque a súa namorada…
Hoxe loce no pescozo dunha moza de Barcelona que nos mandou unha mensaxe agradecida. Alegrámonos moito!