Todolos artigos de: planetatreszetas

Porque navegamos contra o tsunami da produción masiva, utilizando só materiais nobres e pedras naturais. Porque coas mans facemos pequenas xoias pensadas para ti, muller singular, muller distinta.
Por iso podemos facer un deseño totalmente personalizado sen que iso incremente o prezo asequible da peza.
Porque o que nos gusta é crear, e ver as pezas que saen do noso obradoiro lucidas por mulleres que, coma ti, buscan pequenos planetas coma este.