Todolos artigos de: planetatreszetas

Porque navegamos contra o tsunami da produción masiva, utilizando só materiais nobres e pedras naturais. Porque coas mans facemos pequenas xoias pensadas para ti, muller singular, muller distinta. Por iso podemos facer un deseño totalmente personalizado sen que iso incremente o prezo asequible da peza. Porque o que nos gusta é crear, e ver as pezas que saen do noso obradoiro lucidas por mulleres que, coma ti, buscan pequenos planetas coma este.

Solpor

Déixovos este solpor na Ría de Arousa con dúas das modelos de Planeta Tres Zetas…
Á esquerda, Xiana con brincos de prata e esmalte; á dereita, Inés con colar trenzado de algodón orgánico e turquesa. Na foto central, as dúas levan brincos de prata e esmalte e Inés colar de pedras da lúa.

Pezas singulares en novísimas mulleres cheas de talento, beleza e saber facer. Foi un pracer. Grazas Xiana Meda López e Inés Torres Eirabella.

Laxeiro vs Lala

Laxeiro coñeceu a Eulalia de Prada, Lala, en Bos Aires no ano 1952. Lala significou a estabilidade emocional e afectiva do pintor, pero tamén a reorientación da súa carreira artística.
A ela, musa e compañeira durante máis de 30 anos, dedicoulle este retrato.

De reparar moito nel, de prender a atención na floriña do cabelo que nos indica a súa coquetería, ensarilláronse varias pulseiras das que adiantamos hoxe estas dúas, con flor de aventurina e ágatas de cores.

LAXEIRO

Intuitivo, anticlásico, fabulador, irónico, ireverentemente fantástico… sedúcenos a obra deste pintor nacido en Donramiro, Lalín, un 23 de febreiro de 1908.
Esta pequena colección está inspirada na súa última etapa (1971-1996) na que a protagonista é a cor, as cores primarias, vivas, enérxicas.O deseño das nosas pezas, lúdico, sinxelo, por veces primitivo.
Esperamos que vos preste!

Pulseira en prata dourada, con coral, hematite e ágata cristal.


Pulseira en prata con hematites e ágatas.

Ilustracións do Catálogo Universal de Laxeiro (Nova Galicia Edicións)