Solpor

Déixovos este solpor na Ría de Arousa con dúas das modelos de Planeta Tres Zetas…
Á esquerda, Xiana con brincos de prata e esmalte; á dereita, Inés con colar trenzado de algodón orgánico e turquesa. Na foto central, as dúas levan brincos de prata e esmalte e Inés colar de pedras da lúa.

Pezas singulares en novísimas mulleres cheas de talento, beleza e saber facer. Foi un pracer. Grazas Xiana Meda López e Inés Torres Eirabella.

2 thoughts on “Solpor”

  1. Grazas Carme, como ves tivemos que ir lonxe para buscar as modelos! Aperta agradecida.

Os comentarios están pechados.